Comunidade de Montes de Vincios
Xestionando o noso monte, coidando o noso futuro
Previsión en Vincios
Hoxe 4
34° / 24°
Dom 5
33° / 22°
Lun 6
27° / 16°
Mar 7
22° / 14°
Mér 8
27° / 14°
Xov 9
23° / 16°
Ven 10
22° / 15°
Acceso rápido
Actividades
Consulta as actividades programadas no monte e apúntate ás que che interesen.
Suxerencias
Propón traballos ou melloras para o monte. A xunta valorará as túas ideas.
Produtos
Consulta os produtos dispoñibles da Comunidade de Montes.
Rutas
Descobre os sendeiros e camiños dos montes de Vincios.
Mapa do Monte
Explora as capas do mapa do monte: parcelas, pistas, zonas de traballo.
Destacados
Touba do Brión
A Touba do Brión é unha das xoias escondidas dos Montes de Víncios. Esta cova, situada debaixo do Curro, garda entre as súas pedras séculos de historia, lendas e memoria popular que aínda hoxe viven na voz das xentes do lugar.
Árbores frondosas
Un dos obxectivos do proxecto Vincios Verde é mellorar a biodiversidade e crear barreiras naturais para impedir o avance dos lumes. Outro é traballar pola consecución de rendementos alternativos como poden ser os froitos, cogomelos e madeira de calidade. Ao longo de máis de dous quilómetros, que parten do Centro ecuestre do Galiñeiro e van rematar na área de Auga da Laxe, atopamos máis de 30 hectáreas de frondosas que abranguen os rodais da franxa de protección , O Bosque dos nen@s, , O souto dos foros da Raís e Auga da Laxe. Fóra desta continuidade podemos atopar as 4 hectáreas de nogueiras para produción de noces e a mouteira de Pedrafina, con castiñeiros e nogueiras. Os castiñeiros representan o 70% das plantacións de frondosas e escolléronse micorrizados para potenciar un aproveitamento máis. As nogueiras para produción son da variedade Chandler. Se saímonos da parte leste do monte veciñal e camiñamos cara o oeste, atoparemos en Xián o castro do mesmo nome, que conserva a carballeira do monte cos exemplares máis vellos, e a carballeira da Cernada que contén unha masa de Q. robur(carballo) mesturada con exemplares de piñeiro e que foi micorrizada nun proxecto feito pola empresa Hifas de Terra no ano 2010. Outro proxecto alternativo é a recuperación da froiteira carreñeira( Prunus sp.) que se sitúa ás beiras do comezo do PRG-1 que pasa polo noso monte.
A Rede de Áreas Conservadas por Comunidades Locais retoma as visitas de intercambio
A Rede, que agrupa case 100 comunidades que xestionan colectivamente máis de 40.000 hectáreas en Galicia, inicia un novo ciclo de visitas entre os seus membros. A próxima cita será o 14 de marzo, con visita á Comunidade de Montes de Víncios (Gondomar).
Carreiros e Rutas
Ver todas →
Os Padróns - Fervenza de Zamáns
Merendeiro do Galiñeiro- Pedra das Procesións( Petróglifos Auga Da Laxe)
Touba do Brión
Circular do Galiñeiro - Cume e Fortaleza
Quen somos
Os tempos no monte son lentos; a natureza marca o ritmo. Tendo en conta eses tempos, propoñemos actuacións con retornos escalados segundo a súa orixe. Debemos aprender a camiñar a eses ritmos.
A Comunidade de Montes de Vincios, como xestora do monte veciñal, aporta os servizos do ecosistema que a sociedade precisa.
Forma parte da comunidade
Rexístrate para acceder a todas as funcionalidades: actividades, suxerencias, mapa e moito máis.